Benvida/Benvido!

Benvida. Benvido!

Esta é a web de Vía Galega. Plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza. Unha iniciativa cívica, que agrupa a numerosas entidades de diversos eidos, creada co obxectivo de visibilizar a nación galega, así como reivindicar a súa autodeterminación.

Unha iniciativa que naceu a partir do manifesto “Somos unha nación. Temos dereitos, fagamos ouvir a nosa voz”, promovido por varias fundacións galegas e ao que xa se adheriron medio cento de entidades.

Para contactar coa iniciativa, mesmo adherirte en representación dunha entidade, podes enviar unha mensaxe ao noso correo: coordenadora@viagalega.gal .

Grazas!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *