Presentación Pública

O vindeiro 3 de marzo Vía Galega. Plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza, desenvolverá en Compostela un acto de presentación pública no Centro Socio-Cultural de Fontiñas (Rúa de Berlín, 13) ás 11.30h.

A data foi escollida pola súa significación histórica.  Nomeadamente por se cumprir na mesma o cento sesenta e dous aniversario do “Banquete de Conxo”,

La Revolución. Periódico oficial da Xunta Superior de Galiza (1846).

que se desenvolvía no 1856 en lembranza do pronunciamento capitaneado unha década atrás por Miguel Solís y Cuetos, xunto a Antolín Faraldo, en clave progresista e galeguista.

As entidades integrantes de Vía Galega fan un chamamento ás persoas asociadas ás mesmas para que acudan ao devandito acto, así como ao público en xeral.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *