‘Vía Galega’ apresentouse con rotundo éxito na Coruña

No día de onte, 3 de abril, apresentouse na cidade da Coruña Vía Galega. Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza.

Diante de numeroso público, deuse lectura ao manifesto promovido pola plataforma, animando ás e aos asistentes a que o asinaran e socializaran.

Participaron no acto diversas persoas, representativas de diversos sectores sociais (asociacionismo veciñal, mundo do traballo, ámbito cultural… ), afondando na importancia de visibilizar a existencia da nación galega, reclamando os dereitos que lle son propios segundo a lexislación internacional.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *