Apresentación de ‘Vía Galega’ en Ferrol

O vindeiro xoves, 12 de abril, apresentarase ás 20:30h no Centro Cultural Carvalho Calero de Ferrol, VÍA GALEGA, Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza. 

Queremos convidarte a asistir. Coidamos que estamos a vivir no ámbito do Estado español unha involución nos dereitos individuais e colectivos que fai que a propia supervivencia de Galiza como país estea ameazada. A iniciativa ten por obxectivo visibilizar a existencia da nación galega, así como reivindicar os dereitos políticos asociados a esta súa condición.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *