Ferrol acolleu a apresentación de ‘Vía Galega’

O Centro Cultural Carvalho Calero foi o escenario escollido por VIA GALEGA para facer a súa apresentación pública en Ferrol.

O acto tivo lugar este xoves día 12 de abril e no decurso do mesmo Suso Seixo, Lidia Romero e Bruno L. Teixeiro, en representación da plataforma, foron debullando as razóns e obxectivos que persegue esta iniciativa.

Tras da lectura do Manifesto -que convidaron a asinar ao público asistente, entre o que estaban representantes de asociación e organizacións sociais e culturais de Ferrolterra- houbo varias intervencións a través das que, non só se manifestou o respaldo á iniciativa, senón que mesmo se presentaron propostas de actividades a desenvolver para favorecer o avance da plataforma.

Vía Galega ten previstas próximas presentacións en cidades e vilas do país, a comezar pola xa confirmada para o vindeiro día 26 de abril, en Lugo, da que se dará cumprida información.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *