Vía Galega constitúe grupos locais de traballo

Nas últimas semanas “Vía Galega” foi sentando as bases para proceder á constitución de grupos locais de traballo.

Neste sentido, o mércores 4 de xullo conformouse na cidade da Coruna o grupo local de traballo de Vía Galega; así como o pasado 13 de xullo en Lugo e Compostela. Outras vilas e cidades do país están a ultimar preparativos para constituir os seus respectivos grupos.

Animamos desde a Coordenadora Nacional de “Vía Galega” a que te sumes ao grupo que teñas máis próximo (e contactes connosco de ter calquera dúbida ao respecto: coordenadora@viagalega.gal).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *