Éxito de convocatoria na conmemoración do 85 Aniversario do ‘IX Congreso de Nacionalidades Europeas’

Con motivo do 85 aniversario do IX Congreso de Nacionalidades Europeas, VIA GALEGA organizou o pasado sábado, 6 de outubro, no Pazo de Fonseca da USC un encontro no que se deron cita  máis de dúascentas persoas.

Neste encontro, que se desenvolveu baixo a lenda ‘Autodeterminación é Democracia’, participaron como oradores convidados Pep Cruanyes, vicepresidente da Asemblea Nacional Catalana-ANC e Unai Lizaso, da secretaría nacional de Gure Esku Dago, xunto a María Xosé Bravo, da portavocía de VIA GALEGA.

Ao final do acto os representantes das tres entidades asinaron o manifesto “85 aniversario do IX Congreso de Nacionalidades Europeas” , subcrito en galego, eúscaro e catalán.

Vista xeral do acto

A seguir pódese ler, na súa integridade, o documento:

View Fullscreen

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *