Apresentación en Euskadi de Vía Galega

O pasado xoves, 31 de xaneiro, arrancaba un programa de actividades en lembranza de Concha Murguía (nai do historiador galego Manuel Murguía). Programa organizado polo Fato Cultural Daniel R. Castelao de Trintxerpe, desenvolvéndose as actividades entre esta localidade e Oiartzun, baixo a colaboración do goberno municipal desta última vila.

No Salón de plenos do concellos de Oiartzun desenvolveuse o propio xoves a conferencia “O Galeuzca: a rebelión da periferia”, a cargo do historiador Xosé Estévez. Desenvolvéndose a seguir un recital poético musicado “Galeuzca”. Recitaron Xosé Estévez, Antxon Kazabon e Xabier Strubell; acompañando musicalmente Edurne Saizar (piano), Haizea Lekuona (frauta) e Oihane Mitxelena (acordeón).

Entre estas actividades, presentouse a plataforma Vía Galega o sábado 2 de febreiro, da man de Xosé Estévez, membro fundador do propio Fato Cultural Daniel R. Castelao, integrante da plataforma social.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará