Asemblea preparatoria da Asemblea de Concellos Pro-Estatuto de 1932

Desde a segunda metade de 1931 desenvolveríanse diversas xuntanzas, de cara a dar lugar á autonomía para Galiza no marco do tempo republicano que estaba a se forxar. O nacionalismo galego capitanearía, a través do Partido Galeguista desde decembro de 1931, aquel proceso. Destacaron á fronte do mesmo Alexandre Bóveda e Daniel R. Castelao, as figuras máis destacadas do PG. Liñas arriba pódese ver unha das Asemblea preparatorias da que sería a “Asemblea de Concellos” de Galiza Pro-Estatuto. Neste encontro, celebrado entre o 17 e o 19 de decembro de 1932, máis de 2/3 partes das cámaras municipais presentes votarían a favor do Estatuto de Galiza. Resultando daquel encontro que 256 concellos (de 319) votarían a favor do articulado estatutarío que se tería que plebiscitar a finais de 1933, e que fianlmente sería votado en xuño de 1936.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *