VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

179 aniversario dos Mártires de Carral

O vindeiro 26 de abril VIA GALEGA, Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza, desenvolverá un acto en homenaxe aos Mártires de Carral no seu 179 aniversario cun acto público que terá lugar no monumento “Aos Mártires da liberdade” na localidade de Carral ás 11:30h.

Este acto de lembranza e reivindicación comezará cunha ofrenda floral, lectura do manifesto por parte de César Caramés e finalizará cun roteiro teatralizado dos Mártires de Carral até o cimiterio de Paleo en colaboración coa Asociación Cultural e Teatral Abril de Lume e Ferro.

Manifesto realizado por César Caramés

Cartaz deste 179 aniversario: