O vindeiro 26 de abril, Vía Galega celebrará un ano máis o acto público en homenaxe aos Mártires de Carral no seu 180 aniversario ás 12 horas na Praza da Capela (Carral).
Este acto de lembranza e reivindicación quere contribuír a recuperar unha parte da nosa memoria colectiva máis silenciada, co fin de proxectar no presente a dignidade e sacrificio de pasadas xeracións que, dun xeito ou doutro, deron a súa vida pola causa da liberdade de Galiza e a construción dunha sociedade máis xusta.
O acto contará coa lectura do manifesto por parte da autora deste ano, Marica Campo e a intervención da portavoz de Vía Galega, Lucía Veciño. Contaremos tamén coa actuación do grupo Tres pés, composto por Roberto Sobrado, O Leo Arremecághona e Xosé Constenla.
O acto rematará coa ofrenda floral no Monumento aos Mártires de Carral.
*Este acto recibe a colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña.
