VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Vía Galega organiza en Compostela un roteiro ao redor da figura de Murguía

Desde Vía Galega, en colaboración coa Agrupación Cultural o Galo e coa Asociación Cultural e Musical Solfa, organizamos este xoves 23 de novembro ás 17hs un roteiro baixo o título “A pegada de Murguía en Compostela”. Este roteiro, será guiado por Henrique Rabuñal, escritor e profesor. O punto de partida desta actividade será ás 17hs … Ler máis

Máis de 161 concellos izan a bandeira galega en conmemoración dos 105 anos da I Asemblea Nacionalista

Durante esta semana,  a bandeira galega exhibiuse en varandas e fiestra de todo pais. Está acción   enmarcase na campaña que Vía Galega  vén desenvolvendo  para divulgar e propagar os nosos símbolosnacionais, o himno e a bandeira. Eliximos esta semana, do 13 ao 18 de novembro, para conmemorar a efeméride da I Asemblea Nacionalista das Irmandades … Ler máis

Vía Galega impulsa actos por toda Galiza de izado da bandeira galega en conmemoración do 105 aniversario da I Asemblea Nacionalista

Vía Galega vén promovendo diferentes campañas e iniciativas para propagar e popularizar os nosos símbolos nacionais, nomeadamente o himno e a bandeira. O ano pasado, inauguramos como semana de exaltación e exhibición da bandeira galega a semana coincidente co aniversario do desenvolvemento, durante o 17 e 18 de novembro de 1918, da I Asemblea Nacionalista … Ler máis

Vía Galega organiza unha nova visita guiada ao Panteón Real

O sábado, día 25 de novembro, ás 11:45hs, VÍA GALEGA, en colaboración coa Agrupación Cultural o Galo e coa Asociación Cultural e Musical Solfa, organiza unha visita guiada ao Panteón Real, situado na catedral de Santiago de Compostela, símbolo de importancia histórica e do poder e vontade do Reino de Galiza, onde están soterrados reis … Ler máis

Máis de 30 representantes piden que o galego sexa oficial na Unión Europea

Queremos contar coa túa sinatura nesta Carta Aberta aos Estados membros da Unión Europea ASINA AQUÍ Máis de 30 representantes de entidades públicas e socias galega fixeron pública esta mañá unha carta aberta na que lles piden aos Estados membros que voten “si” ao recoñecemento da lingua galega como oficial da Unión Europea, salientando que … Ler máis