VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Vía Galega conmemora un ano máis, o aniversario da Revolución Galega de 1846 cunha xeira de actividades arredor do 26 de abril.

Mediante a campaña Abril de Lume e Ferro, VÍA GALEGA, Plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza, quere lembrar, no 180 aniversario da Revolución Galega de 1846, un dos acontecementos máis relevantes da nosa historia. Os actos comezan o 16 de abril en Lugo, cunha palestra a cargo do historiador Uxío Breogán Diéguez … Ler máis

180 aniversario dos Mártires de Carral

O vindeiro 26 de abril, Vía Galega celebrará un ano máis o acto público en homenaxe aos Mártires de Carral no seu 180 aniversario ás 12 horas na Praza da Capela (Carral). Este acto de lembranza e reivindicación quere contribuír a recuperar unha parte da nosa memoria colectiva máis silenciada, co fin de proxectar no … Ler máis