VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Vía Galega e Galiza Cultura organizan un acto de admiración e homenaxe a Castelao

Vía Galega organiza o 27 de xuño de 2025 ás 20h no Panteón de Galegos Ilustres un acto tributo e posta en valor a Castelao como persoa fundamental na construción do nacionalismo galego

Este ano, fai 75 anos do falecemento de Castelao no exilio, a personalidade máis significativa e relevante de Galiza do século XX.  Toda a súa obra artística, literaria e o pensamento filosófico  e ideario político nacionalista tivo sempre a Galiza como protagonista. Toda unha vida ao servizo do país. Ninguén mellor que el foi capaz de representar ao pobo galego, denunciar a súa opresión, reclamar os seus dereitos colectivos e a amosar as súas ansias de liberdade. Nas súas palabras : “soamente quixen ser un fiel intérprete do meu pobo, das súas dores e das súas esperanzas. Debuxei sempre en galego, escribín sempre en galego, e, se tirades o que hai de galego e de humano na miña obra, non ficaría nada dela”.

 Pois, ben, co obxecto de divulgarmos e coñecermos a polifacética figura de Castelao e de rescatalo da manipulación e confinamento ao que o ten sometido a Xunta de Galiza, Vía Galega e Galiza Cultura están realizando e teñen programando diferentes actividades por toda Galiza. No marco desta programación, temos previsto realizar o 27 de xuño, ás 20h, un acto de admiración e  homenaxe a Castelao, no Panteón de Galegos Ilustres, onde repousan os seus restos mortais.

Tereixa Navaza e Carlos Callón conduciran o acto e darán lectura a textos da obra de Castelao. A coral Solfa catará a Castelao, interpretando A Castelao, poema de Manuel María; Olla meu irmau  honrado, poema de Celso Emilio Ferreiro; Lelapoemade Castelao e Na morte de Castelaopoema de Ramón Cabanillas. Pilar García Negro disertará sobre O valor de Castelao no século XXI e rematará o acto cunha ofrenda floral na tumba de Castelao e a interpretación do Himno Galego