VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Search
Close this search box.

Palestra da ANC e Gure Esku Dago xunto con VIA GALEGA en Compostela

Con motivo do 85 aniversario do IX Congreso de Nacionalidades Europeas, VIA GALEGA organiza, para o sábado día 6 de outubro, ás 11:30 horas, no Salón Nobre de Fonseca (Pazo de Fonseca-Biblioteca Xeral USC. Rúa do Franco) terá lugar o “Encontro 85 aniversario do IX Congreso de Nacionalidades Europeas”, no que partriciparán Pep Cruanyes, vicepresidente da Asemblea Nacional Catalana-ANC; Unai Lizaso, secretaria nacional Gure Esku Dago e María Xosé Bravo, da portavocía de VIA GALEGA.

Enmarcado na mesma conmemoración, o día 5 de outubro, ás 20:15 horas, o historiador do Instituto Galego de Historia, Xosé Estévez, impartirá unha conferencia baixo o título “O Galeuzka e o IX Congreso de Nacionalidades Europeas”, que se desenvolverá no ‘Vide, Vide’ (Rúa da Fonte de Santo Antonio).

As Irmandades da Fala reorganízanse como partido político, diante da VII Asemblea Nacionalista, celebrada na cidade de Pontevedra en decembro de 1931, creando o Partido Galeguista (PG).

Seguindo a folla de rota marcada na Asemblea Nacionalista de Lugo (1918), o soberanismo galego procuraría o recoñecemento da Galiza como nación, vendo aprobado un ‘Estatuto de Autonomía’ que dera lugar, nunha República Federal española, un Estado galego (tal e como se propuña no ‘Anteproyeito de Estatuto de Autonomía’, proposto polo Seminario de Estudos Galegos na primavera do ’31).

Ora ben, a Constitución española do 1931 non respondería finalmente a un modelo federal, polo que a Galiza non sería recoñecida como Estado.Mais o PG conseguiría desde o inverno de 1932, nunha multitudinaria Asemblea de Concellos, ver aprobado un articulado de Estatuto que tería que ser sometido a plebiscito do pobo galego e que lle recoñecía importantes atribucións políticas ao noso país (incluído un ‘poder autónomo’ galego).

Uns meses despois daquela cimeira, o PG decidiría, en Asemblea Nacional, participar no IX Congreso de Nacionalidades Europeas de 1933. Serían elixidosRamón Otero Pedrayo e Plácido R. Castrocomo delegados do PG para representar á nación galega nesteencontro das nacións europeas sen Estado (‘minorías nacionais’). Ao cabo, só asistiría Plácido R Castro. Criado no Reino Unido, era o galeguista que mellor coñecía a política europea; contando cunha forte introdución dentro do PG (lembremos que fora naquel mesmo ano o membro que máis votos recibira, en listaxes abertas, para facer parte da Executiva do partido, con 1.654 votos ao seu favor).

Así, pois, no IX Congreso de Nacionalidades Europeas, adscrito á Sociedade de Nacións e celebrado na localidade suíza de Berna entre o 16 e o 18 de setembro, a Galiza estivo representada por Plácido R. Castro. A súa intervención (declaración) foi recibida cos fervorosos aplausos das e dos asistentes, segundo as crónicas da época. Resolvéndose no encontro, oficialmente, recoñecer a Galiza como nación europea. As páxinas de A Nosa Terra, ao igual que outros medios, caso de El PuebloGallego(EPG), socializarían este relevante feito.

A través de EPG afirmaría Plácido R. Castro, por volta do 30 de setembro daquel 1933:
“Por vez primeira na súa historia Galiza concorreu con personalidade propia a un Congreso internacional, (…) foi acollida Galiza no Congreso de Nacionalidades Europeas e admitiuse a declaración presentada pola súa delegación (…)”.

Un recoñecemento (e esforzo) que visibilizaríanaquela altura o feito nacional galego, oficializándoo a nivel internacional; realidade que hoxe en día cómpre revitalizar e que reivindicamos desde Vía Galega, plataforma social polos dereitos nacionais da Galiza