Co gallo do Ano Castelao Vía Galega iniciamos unha xeira de actividades divulgativas o redor da figura de Alfonso Daniel R. Castelao como figura central do nacionalismo.
A primeira actividade que realizaremos desde Vía Galega, será o próximo 18 de marzo en Santiago de Compostela onde realizaremos unha conferencia con posterior debate baixo o título, ”A nación galega en Castelao” que será impartida por Manuel Rei Romeu, profesor, ensaísta e autor de diferentes estudos sobre a figura e obra de Castelao.
Neste acto abordarase a dimensión polifacética de Castelao e o seu pensamento político, filosófico e social, que fai de Castelao a figura máis relevante da Galiza do Século XX.
O acto terá luar, o día 18 de marzo, ás 20 horas, na Casa do Taberneiro, Rúa de San Pedro, nº 15 (Santiago de Compostela)