O vindeiro martes, 3 de abril, apresentarase ás 20h na Coruña (no local da ONCE, Cantón Grande nº 3) VIA GALEGA. Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza (www.viagalega.gal).
Queremos convidarte a asistir. Coidamos que estamos a vivir no ámbito do Estado español unha involución nos dereitos individuais e colectivos que fai que a propia supervivencia de Galiza como país estea ameazada. A iniciativa ten por obxectivo visibilizar a existencia da nación galega, así como reivindicar os dereitos políticos asociados a esta súa condición.
*Lembra que segue a estar disponíbel, para ser asinado e difundido, o MANIFESTO que VIA GALEGA promove baixo o título “SOMOS UNHA NACIÓN. TEMOS DEREITOS. FAGAMOS OUVIR A NOSA VOZ” (https://viagalega.gal/somos-unha-nacion-fagamos-ouvir-a-nosa…).
Saúdos. Coordenadora de VIA GALEGA