VIA GALEGA apresentouse en Betanzos, o pasado día 8 de maio, da man de Mª Xosé Bravo e de Isabel Risco, que puxeron especial atención en denunciar o retroceso que se está a producir na utilización do noso idioma no ensino, nos medios de comunicación ou como vehículo de comunicación, especialmente por parte das xeracións máis novas de galegas e galegos, cunha perda importante de galego falantes, co perigo que iso supón de desaparición da nosa principal sinal de identidade como pobo.
A plataforma social VIA GALEGA nace pois co obxectivo de traballar para crear conciencia entre a sociedade galega da nosa condición de nación oprimida, da necesidade de organizarnos e unir esforzos para unha mellor defensa dos noso dereitos nacionais, entre eles o dereito de autodeterminación, e para que o exercicio deste dereito nos permita decidir libremente sobre todo aquilo que afecta as nosas vidas e ao noso futuro como pobo e como suxeito político diferenciado.