VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Vía Galega denuncia a “desaparición” en Pontevedra da bandeira galega pendurada dun mastro, e a mofa que un militante da ultradereita española fai dos feitos.

Vía Galega foi coñecedora no día de onte dun vídeo publicado por un militante da formación de ultradereita Vox, no que fachendeaba de que a bandeira galega do mastro da praza Valentín García Escudero, instalada o pasado mes de novembro nun acto promovido pola nosa entidade, “desaparecera”. O sucedido en Pontevedra non fai máis que … Ler máis

Cantar a Nación: Vía Galega e Galiza Cultura conmemoran o aniversario da estrea do Himno Galego con diferentes actos en Galiza

O 20 de decembro cúmprense 118 anos que no Gran Teatro da Habana se interpretaba por primeira vez, o himno nacional galego. Este fito histórico, tan relevante, non podía pasar desapercibido para Vía Galega e a Federación Galiza Cultura pola importancia que o Himno, como símbolo nacional, ten para fortalecer a nosa autoestima e a … Ler máis

Vía Galega e Galiza Cultura entregan no Parlamento de Galiza 19.047 sinaturas de apoio a “ ILP sobre o dereito ao coñecemento e á contemplación permanente da multifacética obra de Castelao polo pobo galego”

Hoxe, 5 de novembro, ás 10:30h. a comisión promotora da Iniciativa Lexislativa Popular sobre o dereito ao coñecemento e á contemplación permanente da multifacética obra de Castelao polo pobo galego”, impulsada por Vía Galega e Galiza Cultura, fixo entrega no Parlamento de Galiza, no Rexistro da Xunta Electoral de Galiza, de 19.047 sinaturas. 9.047 máis … Ler máis

Vía Galega promove un ano máis os actos por toda Galiza de izamento da bandeira galega

Un ano máis, a Plataforma Social Vía Galega promove a iniciativa para popularizar os nos símbolos nacionais, nomeadamente a bandeira e o himno, este último pendente da súa restitución á versión fidedigna despois de que o PP manteña desde hai máis dun ano bloqueada a Comisión parlamentaria. A campaña foi presentada esta mañá en Compostela … Ler máis

Vía Galega rexeita a proposta do PP de modificar a Lei do Deporte

Ante o debate no Senado, que vota hoxe a toma en consideración da reforma da Lei do Deporte presentada polo Partido Popular, e que busca blindar a participación do Estado e impedir a participación das seleccións nacionais nas competicións internacionais, Vía Galega amosa o seu absoluto rexeitamento a unha proposta que entendemos de profundo odio … Ler máis

Vía Galega e Galiza Cultura homenaxearán a Castelao, o día 27 de xuño no Panteón de Galegos Ilustres

Vía Galega e Galiza Cultura estamos realizando e temos programando diferentes actividades por toda Galiza para divulgarmos e pormos en valor a extraordinaria  figura e obra de Castelao, do mellor que deu Galiza na política, na arte e na literatura, e así rescatar o seu pensamento e obra da manipulación e confinamento ao que o … Ler máis

Lánzase a ILP sobre o dereito ao coñecemento de Castelao

A Comisión Promotora denuncia os impedimentos para presentar o contido da Iniciativa no Parlamento de Galiza Unha representación da Comisión Promotora presentaba esta mañá, no rexistro do Parlamento de Galiza, a Proposición de Lei de Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) sobre o dereito ao coñecemento e á contemplación permanente da multifacética obra de Castelao polo pobo … Ler máis