VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Search
Close this search box.

Pablo Carracedo (Jásper) elixido novo coordinador Comarcal na Estrada-Deza

A Plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza “Vía Galega” nomeou o pasado venres 2 de outubro como coordinador Comarcal ó músico e mestre Pablo Carracedo (Jásper). Vía galega é unha plataforma social constituída en 2018 co obxectivo de pór sobre a mesa a defensa dos dereitos nacionais de Galiza. A súa posta … Ler máis

Primeiro ser, despois triunfar

Primeiro ser despois triunfar, así arengaban os galeguistas para animar a participar no Día da Patria. Ser nación, ser nós galegas e galegos conscientes, habitantes dunha terra e un tempo, que saben da súa historia, da súa forza, da súa potencia, do seu pasado mais, sobre todo, que teñen confianza plena no seu futuro. Somos … Ler máis

A lingua e nós

A historia do idioma galego é a historia mesma de Galiza Ricardo Carvalho Calero Desde Vía Galega son moitos os aspectos da nosa realidade que son básicos para nós, e o da lingua -un dos alicerces que nos define como galegas e galegos, xa que como dixo Castelao: se aínda somos galegos é por obra … Ler máis

Que non nos rouben o mes de abril

Hai agora dous anos, máis de 60 asociacións do mundo do deporte, da cultura, do movemento veciñal e sindical creamos Vía Galega . Como un crebacabezas multicolor, voces diferentes que fan todas xuntas esta Galiza que queremos. Esa Galiza entendida como unha obra colectiva. O que somos e o que queremos ser… As asociacións e … Ler máis

Rexistradas as mocións para os concellos da campaña «Non Emigramos. Expúlsannos»

Representantes de Vía Galega, a Plataforma en defensa dos dereitos sociais e nacionais de Galiza, rexistramos esta mañá na Xunta unha moción dirixida aos concellos para defenderen políticas que atallen a emigración, enmarcada na campaña “Non emigramos, expúlsannos. Soberanía para crear traballo digno”. Na última década emigraron de Galiza 216.413 persoas con idades comprendidas entre … Ler máis

Democracia e liberdade!

Despois de recibir a noticia da sentenza contra as presas e presos políticos cataláns en relación ao referendo de autodeterminación de 1 de Outubro, desde a Vía Galega queremos expresar A nosa máis firme repulsa ao que é un acto de vinganza política e premeditada executado polo Estado a través do poder xudicial; O noso … Ler máis