VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Vía Galega promove un ano máis os actos por toda Galiza de izamento da bandeira galega

Un ano máis, a Plataforma Social Vía Galega promove a iniciativa para popularizar os nos símbolos nacionais, nomeadamente a bandeira e o himno, este último pendente da súa restitución á versión fidedigna despois de que o PP manteña desde hai máis dun ano bloqueada a Comisión parlamentaria. A campaña foi presentada esta mañá en Compostela … Ler máis

Vía Galega rexeita a proposta do PP de modificar a Lei do Deporte

Ante o debate no Senado, que vota hoxe a toma en consideración da reforma da Lei do Deporte presentada polo Partido Popular, e que busca blindar a participación do Estado e impedir a participación das seleccións nacionais nas competicións internacionais, Vía Galega amosa o seu absoluto rexeitamento a unha proposta que entendemos de profundo odio … Ler máis

Vía Galega e Galiza Cultura homenaxearán a Castelao, o día 27 de xuño no Panteón de Galegos Ilustres

Vía Galega e Galiza Cultura estamos realizando e temos programando diferentes actividades por toda Galiza para divulgarmos e pormos en valor a extraordinaria  figura e obra de Castelao, do mellor que deu Galiza na política, na arte e na literatura, e así rescatar o seu pensamento e obra da manipulación e confinamento ao que o … Ler máis

Lánzase a ILP sobre o dereito ao coñecemento de Castelao

A Comisión Promotora denuncia os impedimentos para presentar o contido da Iniciativa no Parlamento de Galiza Unha representación da Comisión Promotora presentaba esta mañá, no rexistro do Parlamento de Galiza, a Proposición de Lei de Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) sobre o dereito ao coñecemento e á contemplación permanente da multifacética obra de Castelao polo pobo … Ler máis

179 aniversario dos Mártires de Carral

O vindeiro 26 de abril VIA GALEGA, Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza, desenvolverá un acto en homenaxe aos Mártires de Carral no seu 179 aniversario cun acto público que terá lugar no monumento “Aos Mártires da liberdade” na localidade de Carral ás 11:30h. Este acto de lembranza e reivindicación comezará cunha … Ler máis

Presentación do caderno “Mulleres na construcción da nación galega” en Ferrol

O CS Artábria e Vía Galega corganizan unha conferencia, con posterior debate, ”Mulleres na construcción da nación galega” que será impartida por Lucía Vecño Souto, Graduada en historia, especializada en Historia de Xénero Contemporánea   e Marga Corral, técnica de igualdade da CIG e activista no feminismo galego. O acto terá luar, o día 18 de marzo, ás … Ler máis

Acto público en Compostela: ”A nación galega en Castelao”

Co gallo do Ano Castelao Vía Galega iniciamos unha xeira de actividades divulgativas o redor da figura de Alfonso Daniel R. Castelao como figura central do nacionalismo. A primeira actividade que realizaremos desde Vía Galega, será o próximo 18 de marzo en Santiago de Compostela onde realizaremos unha conferencia con posterior debate baixo o título, … Ler máis

VÍA GALEGA fai un chamamento a participar na manifestación en prol do noso idioma, o 23 de febreiro. Lingua Vital Xa!

Vía Galega -que aglutina a 61 entidades de diferentes ámbitos do tecido social galego- participará activamente na manifestación convocada por Queremos Galego -da que Vía Galega fai parte- que, o 23 de febreiro, percorrerá as rúas de Compostela a prol do noso idioma para reverter a situación de emerxencia en que se atopa o galego. … Ler máis

Vía Galega e Galiza Cultura reuniranse, co BNG e PP, co obxecto de desbloquear a “Comisión para o estudo sobre a posíbel modificación do Himno”

Vía Galega e Galiza Cultura reuniranse, mañá 28 de xaneiro de 2025, coa portavoz do Grupo do BNG, Ana Pontón e co portavoz do Grupo Parlamentar de  PP, Alberto Pazos, co obxecto de  desbloquear a “Comisión para o estudo sobre a posíbel modificación do Himno”, constituída, o tres de xullo de 2024, no Parlamento.  Ambas … Ler máis