VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Search
Close this search box.

Vía Galega anima a participar nos actos do Día da Patria 2022 para reivindicar os dereitos nacionais de Galiza

Distribuirá unha publicación conmemorativa desta data en Santiago de Compostela Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2022.- A Plataforma Vía Galega fai un chamamento a participar nos diversos actos organizados para este 25 de xullo, Día da Patria Galega, para manifestarse na capital do país, en Santiago de Compostela, en defensa dos dereitos nacionais … Ler máis

Vía Galega chama a participar na VII Ruada da Patria de Ferrol co lema “Construíndo a República Galega”

Sae o sábado 23 de xullo ás 12:00 da praza do Himno Galego, en Ferrol Ferrol, 13 de xullo de 2022.- A Plataforma Vía Galega, que agrupa máis de 60 colectivos sociais e culturais, fai un chamamento a participar na VII Ruada da Patria convocada para o sábado 23 de xullo ás 12:00 con saída … Ler máis

Inauguración da exposición “Galiza, un Pobo, unha selección” en Vilagarcía

Cartaz Vilagarcía

Vilagarcía, 7 de xullo de 2022.- A exposición “Galiza, un Pobo, unha selección” poderá visitarse do venres 8 ao 22 de xullo no Auditorio municipal de Vilagarcía de Arousa e contará cun acto de inauguración o martes 12 ás 20:00 horas, ao que asistirán deportistas de distintas disciplinas. Esta exposición forma parte da campaña que … Ler máis

O Multiusos da Xunqueira, en Redondela, acolle a exposición sobre a historia do deporte “Galiza: un pobo, unha selección”

Exposición en Redondela

A mostra está promovida pola Plataforma Vía Galega, que integra máis de 60 colectivos sociais, culturais e deportivos Redondela, 1 de xullo de 2022.- A Plataforma Vía Galega abre en Redondela a exposición “Galiza: un pobo, unha selección” no Multiusos da Xunqueira en Redondela. Esta mostra enmárcase na campaña a favor das seleccións deportivas galegas … Ler máis

Reunión  de Vía Galega e da comisión promotora  da  PNL “Polo dereito da Galiza a poder competir oficial e internacionalmente coas súas seleccións deportivas” cos grupos parlamentares do BNG, PSOE e PP

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2022.- Unha  representación  de Vía Galega e da  comisión promotora  da  Proposición Non de Lei ( PNL ) de Iniciativa Popular “Polo dereito da Galiza a poder competir oficial e internacionalmente coas súas seleccións deportivas”, constituída por Anxo Louzao, Alba Cuba, Héctor Pena, Uxía Pérez e  Nuno Galán, … Ler máis

Reunión de Vía Galega cos grupos parlamentares para solicitar o seu apoio a Iniciativa Popular en prol da oficialidade das  selección deportivas galegas

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2022.- O próximo  luns, día 30, unha representación da comisión promotora da Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular “Polo dereito da Galiza a poder competir oficial e internacionalmente coas súas seleccións deportivas” -enmarcada na campaña de Vía Galega  que está despregando por toda Galiza, baixo o lema … Ler máis

Vía Galega inicia a recollida de sinaturas para levar ao Parlamento a Proposición non de Lei de iniciativa Popular “Polo dereito da Galiza a poder competir oficial e internacionalmente coas súas seleccións deportivas”

Unha vez admitida a trámite pola Mesa do Parlamento a  Proposición non de Lei de iniciativa Popular “Polo dereito da Galiza a poder competir oficial e internacionalmente coas súas seleccións deportivas” e  pola  Xunta Electoral de Galiza, Vía Galega inicia hoxe  campaña de  recollida de sinaturas. Necesítanse, como mínimo, 2500 para que sexa debatida no … Ler máis

Vía Galega congrega 2.000 persoas en Compostela para reclamar do dereito de autodeterminación

Manifestación Vía Galega

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2022.- A plataforma Vía Galega convocou unha manifestación co lema “Somos unha nación” á que asistiron 2.000 persoas para reivindicar o dereito de autodeterminación e conmemorar a Revolución Galega de 1846 e os Mártires de Carral, que serviu de alicerce para o nacionalismo. Anxo Louzao, Marta Dacosta, Daniel … Ler máis