O próximo 20 de decembro de 2023, vanse cumprir 116 anos que no Gran Teatro da Habana se interpretaba por primeira vez, solemnemente, o himno nacional galego. Este fito histórico, tan relevante, non podía pasar desapercibido para Vía Galega e Galiza Cultura pola importancia que o himno, como símbolo nacional, ten para fortalecer a nosa autoestima e para cohesionarnos colectivamente. O himno galego identifícanos e representanos como nación. Como símbolo nacional amosa a nosa vontade de ser e existir como pobo, ao tempo que reclama o dereito a sermos libres.
Para conmemorar está efeméride e reclamar a restauración do texto do himno conforme ao texto orixinal, creado por Eduardo Pondal, convidámoste a participar nos actos que imos desenvolver o 20 de decembro, ás 20h, en diferentes localidades, entre elas, Compostela, A Coruña, Lugo, Pontevedra, Ferrol, Arzúa, Vigo e Ourense (20:30hs).
ACTOS PREVISTO PARA O 20 DE DECEMBRO 2023
A Coruña
20 de decembro ás 20hs na rúa Rego da Auga, fronte ao teatro Rosalia, coa actuación do “Coro Cántigas da Terra”
Arzúa
20 de decembro ás 20hs na Capela da Madalena. Actuación da Rondalla Moraima xunto coa Escola de Música e Baile tradicional galego O Bringuelo.
Compostela
20 de decembro ás 20hs no Teatro Principal coas actuacións de Coro Crecente, Coral Solfa e Cantigas e agarimos.
Ferrol
20 de decembro ás 20hs no Centro Cultural Torrente Ballester, actuacións de Alberte Maceiras, Xoán Padín e As Revoltosas de Antónia Alarcom.
Lugo
20 de decembro ás 20hs na Praza Quiroga Ballesteros (Praza de Abastos), coas actuacións da Cofral do IV Ciclo da USC e Cántigas e flores.
Ourense
20 de decembro ás 20:30hs no Salón de Actos da Casa Sindical, Parque de San Lázado, 12) coa actuación do Coro Universitario do Campus de Ourense Schola Cantorum.
Pontevedra
20 de decembro ás 20hs no Teatro Principal de Pontevedra coa actuación do Grupo Maravallada.
Vigo
20 de decembro ás 20hs no Auditorio Mar de Vigo coas actuacións do Coro Tradicional Cantares do Brión e Orfeón Mariñeiro do Berbés.