VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Apresentación en Euskadi de Vía Galega

O pasado xoves, 31 de xaneiro, arrancaba un programa de actividades en lembranza de Concha Murguía (nai do historiador galego Manuel Murguía). Programa organizado polo Fato Cultural Daniel R. Castelao de Trintxerpe, desenvolvéndose as actividades entre esta localidade e Oiartzun, baixo a colaboración do goberno municipal desta última vila. No Salón de plenos do concellos … Ler máis

Vía Galega proclama a Carta de Dereitos centrada no dereito a decidir

O IES Lucus Augusti acolleu este domingo a conmemoración do centenario da I Asemblea Nacionalista Galega. Un acto organizado pola Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza, Vía Galega, no que se proclamou a Carta de Dereitos do Pobo Galego. Un texto no que se declara que “o pobo galego ten dereito a … Ler máis

Conmemoración Centenario Asemblea Nacionalista de Lugo. Apúntaste?

Entre o 17 e o 18 de novembro de 1918 as Irmandades da Fala desenvolvían, no Teatro Lugo-Salón, a I Asemblea Nacionalista Galega. Neste encontro explicitaron os asistentes, e todas as agrupacións locais das Irmandades representadas, que o seu compromiso político facía que se denominaran “nacionalistas” galegos, apuntando: “Tendo a Galicia todal-as caracteristicas esenciaes de … Ler máis

Éxito de convocatoria na conmemoración do 85 Aniversario do ‘IX Congreso de Nacionalidades Europeas’

Con motivo do 85 aniversario do IX Congreso de Nacionalidades Europeas, VIA GALEGA organizou o pasado sábado, 6 de outubro, no Pazo de Fonseca da USC un encontro no que se deron cita  máis de dúascentas persoas. Neste encontro, que se desenvolveu baixo a lenda ‘Autodeterminación é Democracia’, participaron como oradores convidados Pep Cruanyes, vicepresidente … Ler máis

Palestra da ANC e Gure Esku Dago xunto con VIA GALEGA en Compostela

Con motivo do 85 aniversario do IX Congreso de Nacionalidades Europeas, VIA GALEGA organiza, para o sábado día 6 de outubro, ás 11:30 horas, no Salón Nobre de Fonseca (Pazo de Fonseca-Biblioteca Xeral USC. Rúa do Franco) terá lugar o “Encontro 85 aniversario do IX Congreso de Nacionalidades Europeas”, no que partriciparán Pep Cruanyes, vicepresidente da Asemblea Nacional Catalana-ANC; Unai Lizaso, secretaria nacional Gure Esku Dago e María Xosé Bravo, da portavocía de VIA GALEGA.

Enmarcado na mesma conmemoración, o día 5 de outubro, ás 20:15 horas, o historiador do Instituto Galego de Historia, Xosé Estévez, impartirá unha conferencia baixo o título “O Galeuzka e o IX Congreso de Nacionalidades Europeas”, que se desenvolverá no ‘Vide, Vide’ (Rúa da Fonte de Santo Antonio).

Ler máis

17 de Maio: Unha nova primavera para o noso idioma

Ás portas dun novo 17 de Maio, Día das Letras Galegas, desde a plataforma social Vía Galega queremos facer un chamamento ao conxunto da sociedade galega a redobrar esforzos para que o galego, o noso idioma propio e nacional, recupere espazos de uso social no noso país. Somos conscientes de que levamos décadas de retroceso … Ler máis

Apresentouse ‘Vía Galega’ en Lugo

Coa asistencia de arredor de 30 persoas, no local do Centro Social “Mádia Leva”, apresentouse VIA GALEGA en Lugo, o pasado día 11 de maio. Expúxose por parte dos representantes desta plataforma social, o proceso de como se conformou, o número de entidades que a integran neste momento e os dous principios fundamentais que a … Ler máis

Apresentouse ‘Vía Galega’ en Vigo

O pasado xoves, día 10 de maio, tivo lugar a apresentación de VIA GALEGA na cidade de Vigo, no salón de actos do Colexio de Arquitectos. A apresentación correu a cargo de Manuel Xestoso, Ana Bringas e Suso Seixo, que expuxeron os motivos polos que se crea esta Plataforma Social, a importancia de que a … Ler máis

Apresentouse ‘Vía Galega’ en Betanzos

VIA GALEGA apresentouse en Betanzos, o pasado día 8 de maio, da man de Mª Xosé Bravo e de Isabel Risco, que puxeron especial atención en denunciar o retroceso que se está a producir na utilización do noso idioma no ensino, nos medios de comunicación ou como vehículo de comunicación, especialmente por parte das xeracións … Ler máis

Apreséntase en Vigo ‘Vía Galega’.

Continuan hoxe, 10 de maio, en Vigo as apresentacións da plataforma social “Vía Galega”. O acto desenvolverase por volta das 20.30hs no Colexio de Arquitectos. Intervirán no mesmo Suso Seixo, membro da portavocía de “Vía Galega”, xunto a Manuel Xestoso e Ana Bringas López.