VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Palestra da ANC e Gure Esku Dago xunto con VIA GALEGA en Compostela

Con motivo do 85 aniversario do IX Congreso de Nacionalidades Europeas, VIA GALEGA organiza, para o sábado día 6 de outubro, ás 11:30 horas, no Salón Nobre de Fonseca (Pazo de Fonseca-Biblioteca Xeral USC. Rúa do Franco) terá lugar o “Encontro 85 aniversario do IX Congreso de Nacionalidades Europeas”, no que partriciparán Pep Cruanyes, vicepresidente da Asemblea Nacional Catalana-ANC; Unai Lizaso, secretaria nacional Gure Esku Dago e María Xosé Bravo, da portavocía de VIA GALEGA.

Enmarcado na mesma conmemoración, o día 5 de outubro, ás 20:15 horas, o historiador do Instituto Galego de Historia, Xosé Estévez, impartirá unha conferencia baixo o título “O Galeuzka e o IX Congreso de Nacionalidades Europeas”, que se desenvolverá no ‘Vide, Vide’ (Rúa da Fonte de Santo Antonio).

Ler máis

17 de Maio: Unha nova primavera para o noso idioma

Ás portas dun novo 17 de Maio, Día das Letras Galegas, desde a plataforma social Vía Galega queremos facer un chamamento ao conxunto da sociedade galega a redobrar esforzos para que o galego, o noso idioma propio e nacional, recupere espazos de uso social no noso país. Somos conscientes de que levamos décadas de retroceso … Ler máis

Apresentouse ‘Vía Galega’ en Lugo

Coa asistencia de arredor de 30 persoas, no local do Centro Social “Mádia Leva”, apresentouse VIA GALEGA en Lugo, o pasado día 11 de maio. Expúxose por parte dos representantes desta plataforma social, o proceso de como se conformou, o número de entidades que a integran neste momento e os dous principios fundamentais que a … Ler máis

Apresentouse ‘Vía Galega’ en Vigo

O pasado xoves, día 10 de maio, tivo lugar a apresentación de VIA GALEGA na cidade de Vigo, no salón de actos do Colexio de Arquitectos. A apresentación correu a cargo de Manuel Xestoso, Ana Bringas e Suso Seixo, que expuxeron os motivos polos que se crea esta Plataforma Social, a importancia de que a … Ler máis

Apresentouse ‘Vía Galega’ en Betanzos

VIA GALEGA apresentouse en Betanzos, o pasado día 8 de maio, da man de Mª Xosé Bravo e de Isabel Risco, que puxeron especial atención en denunciar o retroceso que se está a producir na utilización do noso idioma no ensino, nos medios de comunicación ou como vehículo de comunicación, especialmente por parte das xeracións … Ler máis

Apreséntase en Vigo ‘Vía Galega’.

Continuan hoxe, 10 de maio, en Vigo as apresentacións da plataforma social “Vía Galega”. O acto desenvolverase por volta das 20.30hs no Colexio de Arquitectos. Intervirán no mesmo Suso Seixo, membro da portavocía de “Vía Galega”, xunto a Manuel Xestoso e Ana Bringas López.  

Apresentación de ‘Vía Galega’ en Betanzos

O vindeiro martes, 8 de maio, apresentarase en Betanzos “Vía Galega” . Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza. O lugar escollido é a Libraría Biblos ( Rúa Santiago, 4 ) , por volta das 20.30h. Nesta acto desenvolverase o manifesto fundacional da plataforma, así como as actividades que nos vindeiros meses se irán … Ler máis

Manifesto: A bandeira que nos une

Nos últimos anos estase procedendo de xeito sistemático á criminalización do uso de simboloxía galega nos recintos deportivos. Son reiterados os casos nos que se procede, por parte da Policía ou dos servizos de seguridade, a requisar bufandas, bandeiras e outro material coa bandeira galega ou a estreleira esteblecendo unha censura de feito ao uso … Ler máis

Ferrol acolleu a apresentación de ‘Vía Galega’

O Centro Cultural Carvalho Calero foi o escenario escollido por VIA GALEGA para facer a súa apresentación pública en Ferrol. O acto tivo lugar este xoves día 12 de abril e no decurso do mesmo Suso Seixo, Lidia Romero e Bruno L. Teixeiro, en representación da plataforma, foron debullando as razóns e obxectivos que persegue … Ler máis

Apresentación de ‘Vía Galega’ en Ferrol

O vindeiro xoves, 12 de abril, apresentarase ás 20:30h no Centro Cultural Carvalho Calero de Ferrol, VÍA GALEGA, Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza.  Queremos convidarte a asistir. Coidamos que estamos a vivir no ámbito do Estado español unha involución nos dereitos individuais e colectivos que fai que a propia supervivencia de … Ler máis