VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Vía Galega perante a celebración do Día da Patria 2026

Compostela, 24 de xullo de 2026.- A Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza, Vía Galega, fai un chamamento á cidadanía galega para participar nas mobilizacións convocadas con motivo do Día da Patria Galega e anima a pendurar a bandeira galega en balcóns e xanelas como símbolo de afirmación colectiva e compromiso co … Ler máis

Vía Galega e Galiza Cultura esínxelle ao PP que cese no se empeño de impedir a restauración do Himno Galego.

Vía Galega e Galiza Cultura afirman que “os tempos son chegados” para restaurar definitivamente o texto fidedigno do Himno Galego. Esíxenlle ao PP que cese no seu empeño de impedilo, asuma a verdade científica e se sume ao consenso académico, social e do resto das forzas políticas Pasaron 30 anos desde que en 1996 se … Ler máis

Vía Galega conmemora un ano máis, o aniversario da Revolución Galega de 1846 cunha xeira de actividades arredor do 26 de abril.

Mediante a campaña Abril de Lume e Ferro, VÍA GALEGA, Plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza, quere lembrar, no 180 aniversario da Revolución Galega de 1846, un dos acontecementos máis relevantes da nosa historia. Os actos comezan o 16 de abril en Lugo, cunha palestra a cargo do historiador Uxío Breogán Diéguez … Ler máis

180 aniversario dos Mártires de Carral

O vindeiro 26 de abril, Vía Galega celebrará un ano máis o acto público en homenaxe aos Mártires de Carral no seu 180 aniversario ás 12 horas na Praza da Capela (Carral). Este acto de lembranza e reivindicación quere contribuír a recuperar unha parte da nosa memoria colectiva máis silenciada, co fin de proxectar no … Ler máis

O PP condena de novo ao ostracismo a Castelao.

Esta mañá o PP vetou a ILP impulsada por Vía Galega e Galiza Cultura, para garantir o dereito ao coñecemento e á contemplación da obra de Castealo, a cal contara co apoio de 19.047 galegas e galegos para podela debater no Parlamento (9.047 máis que as necesarias). Este martes, o Parlamento Galego debateu a toma … Ler máis

Vía Galega denuncia a “desaparición” en Pontevedra da bandeira galega pendurada dun mastro, e a mofa que un militante da ultradereita española fai dos feitos.

Vía Galega foi coñecedora no día de onte dun vídeo publicado por un militante da formación de ultradereita Vox, no que fachendeaba de que a bandeira galega do mastro da praza Valentín García Escudero, instalada o pasado mes de novembro nun acto promovido pola nosa entidade, “desaparecera”. O sucedido en Pontevedra non fai máis que … Ler máis

Cantar a Nación: Vía Galega e Galiza Cultura conmemoran o aniversario da estrea do Himno Galego con diferentes actos en Galiza

O 20 de decembro cúmprense 118 anos que no Gran Teatro da Habana se interpretaba por primeira vez, o himno nacional galego. Este fito histórico, tan relevante, non podía pasar desapercibido para Vía Galega e a Federación Galiza Cultura pola importancia que o Himno, como símbolo nacional, ten para fortalecer a nosa autoestima e a … Ler máis