VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Vía Galega e Galiza Cultura entregan no Parlamento de Galiza 19.047 sinaturas de apoio a “ ILP sobre o dereito ao coñecemento e á contemplación permanente da multifacética obra de Castelao polo pobo galego”

Hoxe, 5 de novembro, ás 10:30h. a comisión promotora da Iniciativa Lexislativa Popular sobre o dereito ao coñecemento e á contemplación permanente da multifacética obra de Castelao polo pobo galego”, impulsada por Vía Galega e Galiza Cultura, fixo entrega no Parlamento de Galiza, no Rexistro da Xunta Electoral de Galiza, de 19.047 sinaturas. 9.047 máis … Ler máis

Vía Galega promove un ano máis os actos por toda Galiza de izamento da bandeira galega

Un ano máis, a Plataforma Social Vía Galega promove a iniciativa para popularizar os nos símbolos nacionais, nomeadamente a bandeira e o himno, este último pendente da súa restitución á versión fidedigna despois de que o PP manteña desde hai máis dun ano bloqueada a Comisión parlamentaria. A campaña foi presentada esta mañá en Compostela … Ler máis

Vía Galega rexeita a proposta do PP de modificar a Lei do Deporte

Ante o debate no Senado, que vota hoxe a toma en consideración da reforma da Lei do Deporte presentada polo Partido Popular, e que busca blindar a participación do Estado e impedir a participación das seleccións nacionais nas competicións internacionais, Vía Galega amosa o seu absoluto rexeitamento a unha proposta que entendemos de profundo odio … Ler máis

“Por una CRTVG ao Servizo do Pobo” porá mesas nas rúas para iniciar a recollida de sinaturas en apoio da ILP “Liberemos a Galega”

Estarán instaladas en 16 cidades e vilas o vindeiro martes, día 22 de outubro A Plataforma “Por una CRTVG ao Servizo do Pobo” anuncia que instalará mesas nas rúas de cidades e vilas galegas o vindeiro martes, día 22 de outubro, para iniciar a recollida de sinaturas en apoio da ILP “Liberemos a Galega”. O … Ler máis

Conferencia en Compostela sobre o financiamento que Galiza necesita

Desde Vía Galega, convidamos a asistir esta terza feira 22 de outubro á conferencia, con posterior debare que terá lugar no Centro Sociocultural do Ensanche na cidade de Santiago de Compostela ás 20h baixo o título “O modelo de financiamento que Galiza necesita” que será impartida por Xosé Diaz. Economista, ex-parlamentario e ex-presidente da Comisión de Economía do Parlamento … Ler máis

A RFGF comprometese interpretar o himno galego completo ao inicio do partido Galiza-Panamá e a estudar que no descanso se escoite pola megafonía do estadio o himno deportivo: Galiza, un Pobo, unha selección

Mostráronse receptivos, mais non se comprometeron, a fixar encontros da nosas seleccións todos os anos e a oficialidade das mesmas observárona inviábel neste momento O 24 de abril, VÍA GALEGA, dirixíase ao Presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) para trasladarlle a necesidade de conseguir a oficialidade das nosas seleccións e a fixación dun … Ler máis

Acto público en Vigo: “Das Irmandades da Fala ao Partido Galeguista (1916-1936)”

Vía Galega Comarca de Vigo, organiza o próximo xoves 28 de decembro de 2023 un acto público baixo o título “Das Irmandades da Fala ao Partigo Galeguista (1916-1936). A loita pola soberania de Galiza”. Dito acto terá lugar ás 19:00hs na Galería Sargadelos (Rúa Urzaíz nº17). Contaremos intervención do historiador e Director da cátedra de … Ler máis

Via Galega e Galiza Cultura conmemoran, o 20 de decembro, o 116 aniversario da estrea do Himno Galego con diferentes actos en toda Galiza

Na roda de prensa de Vía Galega e Galiza Cultura, na que estiveron presentes Anxo Louzao,  Viki Traveso, Carlos Vieito, Iria Nande e Laura Blanco e Loiz Froiz deron conta dos actos que teñen programados por toda Galiza para o día 20 de decembro, ás 20h, baixo o título “Cantar a nación. Aniversario da estrea … Ler máis

Cantar a nación. Actos conmemorativos polo aniversario da estrea do himno galego

O próximo 20 de decembro de 2023, vanse cumprir 116 anos que no Gran Teatro da Habana se interpretaba por primeira vez, solemnemente, o himno nacional galego. Este fito histórico, tan relevante, non podía pasar desapercibido para Vía Galega e Galiza Cultura pola importancia que o himno, como símbolo nacional, ten para fortalecer a nosa … Ler máis