VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Search
Close this search box.

Conmemoración Centenario Asemblea Nacionalista de Lugo. Apúntaste?

Entre o 17 e o 18 de novembro de 1918 as Irmandades da Fala desenvolvían, no Teatro Lugo-Salón, a I Asemblea Nacionalista Galega. Neste encontro explicitaron os asistentes, e todas as agrupacións locais das Irmandades representadas, que o seu compromiso político facía que se denominaran “nacionalistas” galegos, apuntando:

“Tendo a Galicia todal-as caracteristicas esenciaes de nazonalidade, nós, nomeámonos, d-oxe pra sempre, nazonalistas galegos, xa que a verba rexionalismo non recolle todal-as aspiraciós nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas”.

 

Para conmemorar o centenario daquel feito, central na reivindicación da Galiza como suxeito político e a reclamación da súa soberanía, Vía Galega, plataforma social en defensa dos direitos nacionais da Galiza, desenvolverá un completo programa de actos na cidade de Lugo.

Detalle do Manifesto da ‘Asambleia Nazonalista de Lugo’

Diante desta conmemoración, gostaríamos contar coa túa presenza de cara a participar dunha Asemblea/Encontro Nacional, o domingo 18 de novembro no IES Lucus Augusti (Av. Rodríguez Mourelo, s/n, Lugo), onde aprobaremos a ‘Carta de Dereitos do Pobo Galego’, así como no acto que desenvolveremos a seguir no paseo superior da Muralla de Lugo, con lectura de textos de activistas das Irmandades da Fala, acompañada de música e finalizando co canto do noso hino nacional.

Domingo, 18 de novembro

Programa Asemblea/Encontro Nacional

10.45h Benvida ás/aos asistentes (IES Lucus Augusti – Av. Rodríguez Mourelo, s/n, Lugo)

11-12.45h Intervencións e Lectura da ‘Carta de Dereitos do Pobo Galego’

(acto amenizado con intervencións musicais).

13h Oferenda floral no Hotel Méndez Núñez (Rúa da Raíña, 1).

13.15h Lectura de textos e acto reivindicativo na Muralla de Lugo.

14h Peche do acto coa interpretación e canto do hino nacional.

 

Podes inscribirte cubrindo os campos do seguinte formulario. Grazas! :

[psfb id=”458″ title=”Acto_Centenario_Asemblea_Lugo”]