Desde Vía Galega, convidamos a asistir esta terza feira 22 de outubro á conferencia, con posterior debare que terá lugar no Centro Sociocultural do Ensanche na cidade de Santiago de Compostela ás 20h baixo o título “O modelo de financiamento que Galiza necesita” que será impartida por Xosé Diaz. Economista, ex-parlamentario e ex-presidente da Comisión de Economía do Parlamento galego. É autor de diferentes estudos e publicacións críticas sobre o actual sistema de financiamento. Vén de publicar, na editorial Laiovento, o libro “Autogoberno e sistema de financiamento. O papel da nación galega.“
O dotármonos dun sistema de financiamento propio é un dereito como nación que somos e supón avanzar na soberanía nacional. Hoxe, o actual sistema de financiamento é totalmente centralista, afonda na nosa dependencia e recada moito máis do que transfire a Galiza. Estamos ante unha cuestión política de actualidade e da máxima relevancia para o futuro de Galiza.