Este martes, 26 de setembro, debátese no Parlamento de Galiza a Proposición de Lei de Iniciativa Lexislativa Popular para a restauración do texto fidedigno do himno galego e a súa difusión
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2023.- A Proposición de Lei de Iniciativa Lexislativa Popular para a restauración do texto fidedigno do himno galego e a súa difusión, debátese este martes 26 de setembro, ás 10 horas, no Parlamento de Galiza. Esta iniciativa foi respaldada por preto de 16.OOO sinaturas, exactamente 5.850 sinaturas máis que ás 10.000 necesarias para a a súa defensa no parlamento. A defensa desta proposición de lei, en nome da comisión promotora, correrá a cargo de Manuel Ferreiro catedrático da UDC e máximo especialista e investigador do noso himno e da obra de Eduardo Pondal. Esta proposta de ILP tamén conta co apoio de numerosos concellos e das deputacións da Coruña, Lugo e Ourense.
Galiza Cultura e de Via Galega, impulsores desta iniciativa, teñen a certeza que a razón e a historia está da nosa parte. Agardamos que, definitivamente, o Parlamento Galego asuma, por dignidade e respecto aos nosos símbolos, o texto da ILP e en consecuencia sexa aprobada por unanimidade.