VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Search
Close this search box.

Día da Patria 2019: Autodeterminación!

VÍA GALEGA, Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza, estará presente na capital galega o vindeiro Día da Patria.

Con motivo do 25 de xullo, colaranse cartaces en diversas localidades galegas, baixo a lenda “Galiza Nación. Autodeterminación”, repartíndose nesta xornada  o segundo número do boletín da plataforma. Así mesmo, contaremos cun posto no marco do FESTIGAL no que teremos diverso material disponíbel (camisolas, chapas…) .

Pasaporte Galego

No posto que VÍA GALEGA terá no FESTIGAL, porase ao dispor das e dos asinantes do manifesto fundacional, un exemplar do “Pasaporte” que editamos (totalmente personalizado, e que será numerado in situ). Un documento que representa, simbolicamente, a adhesión a unha Galiza soberana.

*Lembrade que aínda é posíbel asinar o manifesto, disponíbel neste noso espazo web: https://viagalega.gal/asinantes-individuais