Con motivo do 85 aniversario do IX Congreso de Nacionalidades Europeas, VIA GALEGA organizou o pasado sábado, 6 de outubro, no Pazo de Fonseca da USC un encontro no que se deron cita máis de dúascentas persoas.
Neste encontro, que se desenvolveu baixo a lenda ‘Autodeterminación é Democracia’, participaron como oradores convidados Pep Cruanyes, vicepresidente da Asemblea Nacional Catalana-ANC e Unai Lizaso, da secretaría nacional de Gure Esku Dago, xunto a María Xosé Bravo, da portavocía de VIA GALEGA.
Ao final do acto os representantes das tres entidades asinaron o manifesto “85 aniversario do IX Congreso de Nacionalidades Europeas” , subcrito en galego, eúscaro e catalán.
A seguir pódese ler, na súa integridade, o documento:
[pdfjs-viewer url=”http%3A%2F%2Fviagalega.gal%2Fwp-content%2Fuploads%2F2018%2F10%2FMANIFESTO_85_ANIVERSARIO_IX_CONGRESO_NACIONALIDADES_EUROPEAS.pdf” viewer_width=100% viewer_height=1360px fullscreen=true download=true print=true]