Benvida. Benvido!
Esta é a web de Vía Galega. Plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza. Unha iniciativa cívica, que agrupa a numerosas entidades de diversos eidos, creada co obxectivo de visibilizar a nación galega, así como reivindicar a súa autodeterminación.
Unha iniciativa que naceu a partir do manifesto “Somos unha nación. Temos dereitos, fagamos ouvir a nosa voz”, promovido por varias fundacións galegas e ao que xa se adheriron medio cento de entidades.
Para contactar coa iniciativa, mesmo adherirte en representación dunha entidade, podes enviar unha mensaxe ao noso correo: coordenadora@viagalega.gal .
Grazas!