VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Search
Close this search box.

Inauguración da exposición, ROSALÍA: proclamar ao mundo que Galiza existe.

Vía Galega e Galiza Cultura teñen o pracer de convidalos á inauguración da exposición, ROSALÍA: proclamar ao mundo que Galiza existe. que terá lugar no Museo do Pobo Galego, o mércores, día 25 de setembro, ás 19h.

Esta exposición- con textos do escritor, crítico literario e historiador Francisco Rodríguez e debuxos do humorista gráfico, debuxante e guionista de banda deseñada Pepe Carreiro- conxuga tres aspectos determinantes para coñecer e valorar a figura e a obra de Rosalía de Castro: a súa biografía, o contexto histórico e socio-cultural en que se desenvolve e a orientación, o sentido e a vixencia da súa obra.

Na inauguración Intervirán a Presidenta do Museo do Pobo Galego, Concha Losada, a Concelleira de Cultura Educación e Turismo, Miriam Louzao, o presidente de Galiza Cultura, X. Manuel Carril e o coordenador de Vía Galega, Anxo Louzao.

Pechará o acto a intervención de Francisco Rodríguez, autor dos textos, que nos presentará a exposición, tendo en conta o enfoque e fundamentos dos que partiu e a idea que se persigue