Desde o 25 de setembro de 2024, pódese visitar no Museo do Pobo Galego a exposición ROSALIA: proclamar ao mundo que Galiza existe. Unha mostra de 20 paneis con textos de Francisco Rodríguez, conxuga tres aspectos determinantes para coñecer e valorar a figura e a obra de Rosalía de Castro: a súa biografía, o contexto histórico e socio-cultural en que se desenvolve e a orientación, o sentido e a vixencia da súa obra.
A continuación podes ollar os paneis desta exposición elaborada por Vía Galega e a Federación Galiza Cultura, así como, premendo aquí poderás acceder ao catálogo da mostra.