VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Search
Close this search box.

Máis de mil persoas nas concentracións de VG para reclamar políticas para frear a emigración

Vía Galega congregou máis de 1.000 persoas este sábado en 40 concentracións organizadas de xeito simultáneo en cidades e vilas galegas co lema “Non emigramos, expúlsannos. Soberanía e traballo digno”.

“Nin emigración, nin caciques nin ladróns”, “Queremos traballar e non emigrar”, “Galiza lentamente vai quedando sen xente” ou “Contra a emigración, autodeterminación” foron algunhas das consignas destes actos reivindicativos.

Con esta campaña, a plataforma Vía Galega pretende reclamar políticas de creación de emprego na Galiza e dar a coñecer as consecuencias negativas que ten a emigración, concibida como un problema estrutural. Segundo datos do IGE, na última década foron 216.000 persoas as que tiveron que emigrar por falta de oportunidades laborais, das que 80.000 eran mozos e mozas.

Ademais  destas  mobilizacións,  esta  campaña  de  concienciación  social inclúe a presentación de mocións nos concellos, reunións cos grupos parlamentarios, difusión mediante carteis, debates e palestras en cidades como A Coruña, Compostela e Ourense.

Podes acceder á galería en Facebook aquí.