VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Search
Close this search box.

Manifestación nacional “Galiza nación, un pobo con dereitos” domingo 18 de abril ás 11:30hs en Compostela

Desde Vía Galega, facemos un chamamento a participar na manifestación nacional que terá lugar o domingo, 18 de abril, baixo o lema “Galiza nación. Un pobo con dereitos”. Sairá ás 11.30 da Alameda compostelá e rematará na Praza da Quintana, observando todas as normas estabelecidas como consecuencia do COVID-19. Será a culminación da campaña que ao longo de seis meses Vía Galega estivo levando a cabo por todo o país.

Somos unha nación. Temos o dereito e a vontade de existir politicamente como pobo soberano. Manifestémonos, o 18 de abril, en Compostela para terminar co asoballamento político, económico, social, lingüístico e cultural polo estado español, e exixir que as galegas e galegos podamos gobernarnos a nos mesmos.