VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Search
Close this search box.

Pablo Carracedo (Jásper) elixido novo coordinador Comarcal na Estrada-Deza

A Plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza “Vía Galega” nomeou o pasado venres 2 de outubro como coordinador Comarcal ó músico e mestre Pablo Carracedo (Jásper).

Vía galega é unha plataforma social constituída en 2018 co obxectivo de pór sobre a mesa a defensa dos dereitos nacionais de Galiza. A súa posta en marcha viu motivada pola propia situación socio-económica do noso país, marcada pola destrución dos sectores produtivos, a falta de emprego para a nosa mocidade — que se ve forzada a emigrar —, a perda do sector financeiro, os espolio dos nosos recursos naturais, as políticas industrias de corte colonialista, os recortes nos servizos públicos, etc. Unha realidade que non se explica se non se vincula á ausencia de soberanía e á falta de capacidade de decisión.

Fronte a esta realidade, a Vía Galega marca como o seu obxectivo principal facer campaña na sociedade galega e promover iniciativas de todo tipo para popularizar e crear conciencia arredor da realidade nacional galega e do dereito de Galiza a decidir libremente o seu estatus político.
Na súa posta en marcha e expansión polas diferentes comarcas do País, o pasado venres día 2 de outubro as fundacións e asociacións fundacionais constituíntes da platafoma tomaron a decisión de nomear a Pablo Carracedo, máis coñecido como Jásper, coordinador comarcal de Tabeirós-Deza.

Pablo Carracedo, 41 anos, nado na Estrada, é mestre de educación primaria. Moi coñecido no ámbito do nacionalismo galego, foi sindicalista da CIG-Ensino, músico e vocalista do xa disolto grupo NAO.

Nas vindeiras semanas iniciará unha rolda de contactos para tentar ampliar a base social e buscar apoios para o funcionamento e organización da Plataforma nos diferentes concellos que conforman a comarca.