O pasaporte galego

-
Que é?
O Pasaporte galego é unha iniciativa da Vía Galega que quer dotar as galegas e os galegos de simboloxía propia e, ao mesmo tempo, socializar a idea dos dereitos nacionais de Galiza. Entre eles, o dereito a se dotar dun Estado propio, con todo o que isto comporta.
Trátase dunha iniciativa simbólica, sen valor legal, que serve para nos afirmarmos como galegas e galegos. -
Como o consigo?
Podes obter o teu Pasaporte nos seguintes locais:
— VIGO: Fund. Moncho Reboiras (Av. Gregorio Espino, 47)
— COMPOSTELA: Fund. Moncho Reboiras (Av. Ferro Caaveiro, 10)
— FERROL: Fund. Artábria (Travessa de Batalhons, 7)
— A CORUÑA: A. C. Alexandre Bóveda (R. Olmos, 18, 1º)
— LUGO: C. S. Mádia Leva (R. Serra dos Ancares, 18)
— PONTEVEDRA: Local Comarcal da CIG (R. Pasantería, 1)
— OURENSE: Café Cultural Auriense (Pza. Correxidor, 11)
Se estiveres fora do país ou non podes achegarte a estes enderezos, podes porte en contacto connosco para cho facermos chegar por outra vía. -
Ten algún custo?
O custo de expedición do Pasaporte é de 2€, que axudan ao financiamento do resto de actividades da Vía Galega.