VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Search
Close this search box.

Plenario de Vía Galega

O pasado sábado 20 de xaneiro, representantes de perto de medio cento de colectivos reuníronse en Compostela para poñer en marcha Vía Galega, plataforma social para a defensa dos dereitos nacionais de Galiza, marcando un  amplo calendario de actos e actividades para o presente 2018.

Plenario de Vía Galega

As entidades que se deron cita neste encontro acordaron que o principal obxectivo da iniciativa Vía Galega recoñecemento legal de Galiza como nación e do dereito de autodeterminación. Segundo afirmou Suso Seixo, presidente da Fundación Moncho Reboiras e membro da coordenadora de Vía Galega:

“Todas as persoas que representamos colectivos dentro da plataforma estabamos de acordo en que debíamos procurar non xerar moitas expectativas no sentido de non abarcar moitas reivindicacións, de aí que Vía Galega estea moi centrada en traballar con esas dúas ideas –o recoñecemento de Galiza como nación e do dereito de autodeterminación– á hora de crear conciencia no noso pobo e á hora de aparecer ante calquera tipo de institución ou instancia como defensora desas reivindicacións”,  (ver nova en Sermos Galiza).