O vindeiro 3 de marzo Vía Galega. Plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza, desenvolverá en Compostela un acto de presentación pública no Centro Socio-Cultural de Fontiñas (Rúa de Berlín, 13) ás 11.30h.
A data foi escollida pola súa significación histórica. Nomeadamente por se cumprir na mesma o cento sesenta e dous aniversario do “Banquete de Conxo”,
que se desenvolvía no 1856 en lembranza do pronunciamento capitaneado unha década atrás por Miguel Solís y Cuetos, xunto a Antolín Faraldo, en clave progresista e galeguista.
As entidades integrantes de Vía Galega fan un chamamento ás persoas asociadas ás mesmas para que acudan ao devandito acto, así como ao público en xeral.