Que é
a Vía Galega?
Vía Galega é unha plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza, creada en 2018 a partir da xuntanza de máis de 40 entidades de diferentes tipos e eidos: do sindical ao cultural, do ambientalista ao educativo, dos centros sociais ao campo estudantil, pasando polo internacionalismo, a música popular, a memoria histórica, etc.
Aquela reunión e a decisión de pór en marcha a Vía Galega viu motivada pola propia situación socio-económica do noso país, marcada pola destrución dos sectores produtivos, a falta de emprego para a nosa mocidade — que se ve forzada a emigrar —, a perda do sector financeiro, os espolio dos nosos recursos naturais, as políticas industrias de corte colonialista, os recortes nos servizos públicos, etc. Unha realidade que non se explica se non se vincula á ausencia de soberanía e á falta de capacidade de decisión.
Fronte a esta realidade, a Vía Galega marca como o seu obxectivo principal facer campaña na sociedade galega e promover iniciativas de todo tipo para popularizar e crear conciencia arredor da realidade nacional galega e do dereito de Galiza a decidir libremente o seu estatus político.
Neste momento, son case 60 as organizacións e colectivos que integran Vía Galega, que continúa a medrar a partir dos principios esenciais nos que basea a súa acción: Galiza é unha nación e, como tal, ten dereito a exercer libremente a súa autodeterminación.
Colectivos integrados
- Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (A Coruña)
- Agrupación Cultural Auriense (Ourense)
- Asociación Cultural Anxel Casal (Arzúa)
- Asociación Cultural Avantar (Carballiño)
- Asociación Cultural Altofalante (Ribeira)
- Asociación Cultural Centáurea (Gondomar)
- Asociación Cultural “Cultura Aberta” (Carral)
- Asociación Cultural Cultura do País (Lugo)
- Asociación Cultural Ergueitos (Sarria)
- Agrupación Cultural Francisco Lanza (Ribadeo)
- Asociación Cultural Maquinaria Pesada (A Coruña)
- Asociación Cultural María Miramontes (Betanzos)
- Asociación Cultural e Musical Solfa (Compostela)
- Asociación Cultural O Castro (Vigo)
- Asociación Cultural O Facho (A Coruña)
- Asociación Cultural O Galo (Compostela)
- Asociación Cultural Lúa Chea (Teo)
- Asociación Cultural Roxín Roxal (Paderne)
- Asociación Cultural Xebra (Narón)
- Asociación Cultural Vagalumes (A Estrada)
- Asociación Galega de Emigrantes Retornados Marusía
- Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez
- A Galleira Asociación Cultural (Ourense)
- Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
- Asociación pola Protección Animal Abeiro (Compostela)
- Asociación Socio-pedagóxica Galega (AS-PG)
- Associaçom de Estudos Galegos
- AJA Galiza (Associaçom Jose Afonso)
- Asociación Veciñal Agra do Orzán (A Coruña)
- Asociación Veciñal Oza-Os Castros (A Coruña)
- Avante LGBT+
- Centro Social A Gentalha do Pichel (Compostela)
- Centro Social Gomes Gaioso (A Coruña)
- Centro Social Mádia Leva (Lugo)
- Centro Social Xebra (Burela)
- Colectivo Terra ( Pontedeume)
- Confederación Intersindical Galega (CIG)
- Clube AndaTuiregodapedra (Tui)
- Edicións MIDE SL
- Eira da Xoana / Fundación Eira
- ERGUER Estudantes da Galiza
- Fato Cultural Galego Daniel Castelao (Trintxerpe)
- Federación Galiza Cultura
- Federación Rural Galega (FRUGA)
- Foro Cívico Galego de Barcelona (FCGB)
- Fundación Alexandre Bóveda
- Fundaçom Artábria
- Fundación Galiza Sempre
- Fundación Manuel María
- Fundación Moncho Reboiras para o Estudo e Divulgación da Realidade Social e Sindical na Galiza
- Fundación Terra e Tempo de Estudos Nacionalistas
- Fundación Vía Galego
- Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista
- Organización Galega de Montes Veciñais en Man Común
- Plataforma pola Defensa da Ría de Sada
- Sociedade Cultural Medulio (Ferrol)
- Sociedade Cultural e Desportiva do Condado (Salvaterra do Minho)
- Xornal A Nova Peneira
- Xornal Hermes&Atenea