VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Search
Close this search box.

Reunión de Vía Galega cos grupos parlamentares para solicitar o seu apoio a Iniciativa Popular en prol da oficialidade das  selección deportivas galegas

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2022.- O próximo  luns, día 30, unha representación da comisión promotora da Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular “Polo dereito da Galiza a poder competir oficial e internacionalmente coas súas seleccións deportivas” -enmarcada na campaña de Vía Galega  que está despregando por toda Galiza, baixo o lema “Galiza, un Pobo, unha selección”- manterá unha reunión, no Parlamento de Galiza, con cada un dos tres grupos parlamentares. Ás 10.30 está prevista a reunión coa portavoz do BNG, Ana Pontón. Ás 11.30 co portavoz de deportes do Grupo socialista, Julio Torrado Quintela. Co Grupo Popular, aínda non temos concretada a hora.  Estas reunións  teñen como obxectivo  presentarlle dita iniciativa e  solicitar o apoio  de cada un  dos grupos parlamentares para cando se debata no Parlamento. Despois de cada reunión daremos conta do seu resultado aos medios de comunicación.