VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Search
Close this search box.

Vía Galega presenta o libro “Símbolos nacionais de Galiza” no Museo do Pobo Galego

O parque de Carlomagno, en Compostela, lucirá a bandeira galega Esta plataforma social desenvolverá, o 19 de novembro ás 11:30 horas, unha acción expansiva para izar a bandeira en múltiples puntos de Galiza Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2022.- Vía Galega convida a participar no acto de presentación do caderno “Símbolos nacionais de … Ler máis

Vía Galega convoca un acto para presentar o libro “Símbolos nacionais de Galiza” en Ferrol

O evento, aberto ao público, será esta sexta 11 de novembro ás 19:30 no Centro Cívico de Canido Esta plataforma social desenvolverá, o 19 de novembro ás 11:30 horas, unha acción expansiva para izar a bandeira en múltiples puntos de Galiza Ferrol, 9 de novembro de 2022.- Vía Galega convida a participar no acto de … Ler máis

VÍA GALEGA fai un chamamento a participar na manifestación baixo o lema “Por unha CRTVG ao servizo do pobo”

Cartaz

Sairá o domingo 6 de novembro desde a praza Roxa, en Santiago de Compostela Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2022.- O Comité Intercentros da CRTVG xunto con máis de 30 organizacións e entidades de diferentes ámbitos da sociedade galega, entre as cales está VÍA GALEGA, teñen convocada manifestación nacional en Compostela para o … Ler máis

Vía Galega participa na Feira do Libro de Frankfurt

Mesa redonda

Intervén na mesa redonda “O dereito de autodeterminación, referendo e democracia desde abaixo” Frankfurt, 22 de outubro de 2022.- Co gallo da Feira do Libro de Frankfurt, que este ano ten como convidado de honra o Estado español, xorde BeyondSpain, unha iniciativa alternativa que ofrece un espazo para a creación cultural e literaria, para as … Ler máis

Vía Galega lanza unha campaña para divulgar e promover o uso dos nosos símbolos nacionais

Desenvolverá, o 19 de novembro ás 11:30 horas, unha acción expansiva para izar a bandeira en múltiples puntos de Galiza Compostela, 28 de novembro de 2022.- Vía Galega presentou esta mañá en Compostela a campaña que ten previsto desenvolver en todo o país para popularizar e divulgar os nosos símbolos nacionais –o himno e a … Ler máis

Vía Galega chama a participar na VII Ruada da Patria de Ferrol co lema “Construíndo a República Galega”

Sae o sábado 23 de xullo ás 12:00 da praza do Himno Galego, en Ferrol Ferrol, 13 de xullo de 2022.- A Plataforma Vía Galega, que agrupa máis de 60 colectivos sociais e culturais, fai un chamamento a participar na VII Ruada da Patria convocada para o sábado 23 de xullo ás 12:00 con saída … Ler máis

Inauguración da exposición “Galiza, un Pobo, unha selección” en Vilagarcía

Cartaz Vilagarcía

Vilagarcía, 7 de xullo de 2022.- A exposición “Galiza, un Pobo, unha selección” poderá visitarse do venres 8 ao 22 de xullo no Auditorio municipal de Vilagarcía de Arousa e contará cun acto de inauguración o martes 12 ás 20:00 horas, ao que asistirán deportistas de distintas disciplinas. Esta exposición forma parte da campaña que … Ler máis

O Multiusos da Xunqueira, en Redondela, acolle a exposición sobre a historia do deporte “Galiza: un pobo, unha selección”

Exposición en Redondela

A mostra está promovida pola Plataforma Vía Galega, que integra máis de 60 colectivos sociais, culturais e deportivos Redondela, 1 de xullo de 2022.- A Plataforma Vía Galega abre en Redondela a exposición “Galiza: un pobo, unha selección” no Multiusos da Xunqueira en Redondela. Esta mostra enmárcase na campaña a favor das seleccións deportivas galegas … Ler máis