VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Search
Close this search box.

O Centro Cultural Carvalho Calero acolle a exposición sobre a historia do deporte “Galiza: un pobo, unha selección”

A mostra está promovida pola Plataforma Vía Galega, que integra máis de 60 colectivos sociais, culturais e deportivos Ferrol, 16 de marzo de 2022.- A Plataforma Vía Galega abre en Ferrol a exposición “Galiza: un pobo, unha selección” cun acto que se celebrará este xoves ás 19:00 horas no Centro Cultural Carvalho Calero. Na inauguración … Ler máis

Entrevista de Vía Galega coa Secretaría Xeral para o Deporte

Galiza, un pobo, unha selección

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2022.- Unha representación de Vía Galega, Plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza, mantivo unha reunión esta mañá co secretario  xeral para o Deporte. Asistiron a esta entrevista os membros  da coordenadora de Vía Galega Antón Laxe e Anxo Louzao. Ademais de informalo da campaña que … Ler máis

Vía Galega recolle 4326 sinaturas para esixir seleccións galegas e o dereito a competir oficialmente en todas as disciplinas deportivas

Unha representación das e dos asinantes do manifesto, “Galiza, un Pobo, unha selección” participan na entrega das sinaturas dirixidas ao presidente Feixoo VÍA GALEGA, dentro da campaña que está levando a cabo por toda Galiza a prol do dereito a competir coas nosas seleccións en todas as disciplinas deportivas, vén de entregar, hoxe, no rexistro … Ler máis

Vía Galega advirte das actitudes antidemocráticas da ultradereita que alimentan ataques contra as actividades a favor dos dereitos nacionais da Galiza

Máis de 10 paneis da exposición “Galiza, un pobo, unha selección” instalada en Lugo apareceron danados Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2022.- A Plataforma Vía Galega denuncia os reiterados ataques á difusión das actividades que desenvolve a favor dos dereitos sociais e nacionais da Galiza, logo de que aparecesen danados 11 paneis da … Ler máis

Vía Galega lanza o himno das seleccións galegas “para apelar os nosos sinais de identidade colectivos”

Gravación do himno

Pode descargarse nesta ligazón https://youtu.be/Zyp3EED0SDY Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2021.- A Plataforma Vía Galega presentou o himno “Galiza, un Pobo, unha selección” que conta con 28 persoas que puxeron a súa voz e música, de maneira desinteresada, “para reivindicar o dereito a contarmos coas nosas seleccións nacionais en todas as disciplinas deportivas … Ler máis

Vía Galega cuestiona unha Constitución asentada no legado do franquismo e negadora dos dereitos do pobo galego

Converteuse nun obstáculo das reivindicacións nacionais para conseguir autogoberno Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2021.- A Plataforma Vía Galega advirte de que a Constitución española non supuxo unha ruptura democrática co franquismo, xa que foi produto dun acordo co réxime da ditadura, para facer prevalecer as súas estruturas, desde o aparello militar e … Ler máis

O Museo do Pobo Galego acolle a exposición “Galiza: un pobo, unha selección”

Presentación no Museo do Pobo Galego

A mostra está promovida pola Plataforma Vía Galega, que integra máis de 60 colectivos sociais, culturais e deportivos Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2021.- A Plataforma Vía Galega trae a Compostela a exposición “Galiza: un pobo, unha selección” que se poderá visitar até o 9 de xaneiro, de martes a domingo, en horario … Ler máis

Inaugúrase este mércores a exposición “Galiza: un pobo, unha selección” no Museo do Pobo Galego

Promovida pola Plataforma Vía Galega, reivindica que Galiza poida competir a nivel oficial en todas as disciplinas deportivas Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2021.- A Plataforma Vía Galega convoca un acto aberto ao público este mércores 1 de decembro ás 19:00 horas na ala sur do Museo do Pobo Galego para inaugurar a … Ler máis

Vía Galega conmemora este sábado en Lugo a I Asemblea Nacionalista

Cartaz

Lembrarán o primeiro manifesto que serviu de base para os programas do nacionalismo galego Lugo, 19 de novembro de 2021.- A Plataforma Vía Galega convida a participar nun acto público conmemorativo da I Asemblea Nacionalista, que será o 20 de novembro ás 11:30 horas na rúa da Raíña de Lugo. Este evento contará coas intervencións … Ler máis

Abre en Vigo a exposición “Galiza, un pobo, unha selección”

Promovida pola Plataforma Via Galega, reivindica que Galiza poida competir a nivel oficial en todas as disciplinas deportivas Vigo, 17 de novembro de 2021.- A Plataforma Via Galega, que agrupa máis de 60 asociacións culturais, sociais e deportivas- presenta este xoves 18 de novembro en Vigo a exposición “Galiza, un pobo, unha selección”. Trátase de … Ler máis