VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Search
Close this search box.

Inaugúrase no Museo do Pobo Galego a exposición “Rosalía: proclamar ao mundo que Galiza existe”

O Museo do Pobo Galego acolleu esta tarde a inauguración da exposición “Rosalía: proclamar que Galiza existe”. A mostra, organizada por Vía Galega e Galiza Cultura, ten como obxectivo “popularizar, valorar e coñecer a verdadeira Rosalía, desterrando os estereotipos aos que foi sometida”, e poderá visitarse até o 13 de outubro. No acto de inauguración … Ler máis

Vía Galega e Galiza Cultura reuníronse coas portavocias dos grupos parlamentarios para reclamar a inmediata restauración do texto fidedigno do Himno Galego

Manuel Ferreiro, Catedrático da UDC, máximo investigador do noso himno, Anxo Louzao, Coordenador de Vía Galega, e María Antonia Pérez, Vicepresidenta de Galiza Cultura, mantiveron, hoxe, reunións co Grupo Parlamentar do BNG, coa súa protavoz, Ana Pontón, e a deputada Mercedes Queixas; co Grupo Parlamentar do PSOE, coa presencia do seu portavoz José Ramón Gómez-Besteiro … Ler máis

Via Galega e Galiza Cultura conmemoran, o 20 de decembro, o 116 aniversario da estrea do Himno Galego con diferentes actos en toda Galiza

Na roda de prensa de Vía Galega e Galiza Cultura, na que estiveron presentes Anxo Louzao,  Viki Traveso, Carlos Vieito, Iria Nande e Laura Blanco e Loiz Froiz deron conta dos actos que teñen programados por toda Galiza para o día 20 de decembro, ás 20h, baixo o título “Cantar a nación. Aniversario da estrea … Ler máis

Cantar a nación. Actos conmemorativos polo aniversario da estrea do himno galego

O próximo 20 de decembro de 2023, vanse cumprir 116 anos que no Gran Teatro da Habana se interpretaba por primeira vez, solemnemente, o himno nacional galego. Este fito histórico, tan relevante, non podía pasar desapercibido para Vía Galega e Galiza Cultura pola importancia que o himno, como símbolo nacional, ten para fortalecer a nosa … Ler máis