VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Search
Close this search box.

A RFGF comprometese interpretar o himno galego completo ao inicio do partido Galiza-Panamá e a estudar que no descanso se escoite pola megafonía do estadio o himno deportivo: Galiza, un Pobo, unha selección

Mostráronse receptivos, mais non se comprometeron, a fixar encontros da nosas seleccións todos os anos e a oficialidade das mesmas observárona inviábel neste momento O 24 de abril, VÍA GALEGA, dirixíase ao Presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) para trasladarlle a necesidade de conseguir a oficialidade das nosas seleccións e a fixación dun … Ler máis

Comunicado de Vía Galega ante o regreso da selección galega de fútbol

O anuncio da volta da selección galega de fútbol é valorado por Vía Galega como insuficiente, por non enmarcarse nun calendario estábel de competicións das nosas seleccións e renunciar a conseguir a súa oficialidade. Ante o anuncio da volta da selección galega de fútbol, despois de oito anos sen disputar ningún partido, Vía Galega lamenta … Ler máis

Inauguración da exposición “Galiza, un Pobo, unha selección” en Vilagarcía

Cartaz Vilagarcía

Vilagarcía, 7 de xullo de 2022.- A exposición “Galiza, un Pobo, unha selección” poderá visitarse do venres 8 ao 22 de xullo no Auditorio municipal de Vilagarcía de Arousa e contará cun acto de inauguración o martes 12 ás 20:00 horas, ao que asistirán deportistas de distintas disciplinas. Esta exposición forma parte da campaña que … Ler máis

O Multiusos da Xunqueira, en Redondela, acolle a exposición sobre a historia do deporte “Galiza: un pobo, unha selección”

Exposición en Redondela

A mostra está promovida pola Plataforma Vía Galega, que integra máis de 60 colectivos sociais, culturais e deportivos Redondela, 1 de xullo de 2022.- A Plataforma Vía Galega abre en Redondela a exposición “Galiza: un pobo, unha selección” no Multiusos da Xunqueira en Redondela. Esta mostra enmárcase na campaña a favor das seleccións deportivas galegas … Ler máis

Reunión  de Vía Galega e da comisión promotora  da  PNL “Polo dereito da Galiza a poder competir oficial e internacionalmente coas súas seleccións deportivas” cos grupos parlamentares do BNG, PSOE e PP

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2022.- Unha  representación  de Vía Galega e da  comisión promotora  da  Proposición Non de Lei ( PNL ) de Iniciativa Popular “Polo dereito da Galiza a poder competir oficial e internacionalmente coas súas seleccións deportivas”, constituída por Anxo Louzao, Alba Cuba, Héctor Pena, Uxía Pérez e  Nuno Galán, … Ler máis

Reunión de Vía Galega cos grupos parlamentares para solicitar o seu apoio a Iniciativa Popular en prol da oficialidade das  selección deportivas galegas

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2022.- O próximo  luns, día 30, unha representación da comisión promotora da Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular “Polo dereito da Galiza a poder competir oficial e internacionalmente coas súas seleccións deportivas” -enmarcada na campaña de Vía Galega  que está despregando por toda Galiza, baixo o lema … Ler máis

Vía Galega inicia a recollida de sinaturas para levar ao Parlamento a Proposición non de Lei de iniciativa Popular “Polo dereito da Galiza a poder competir oficial e internacionalmente coas súas seleccións deportivas”

Unha vez admitida a trámite pola Mesa do Parlamento a  Proposición non de Lei de iniciativa Popular “Polo dereito da Galiza a poder competir oficial e internacionalmente coas súas seleccións deportivas” e  pola  Xunta Electoral de Galiza, Vía Galega inicia hoxe  campaña de  recollida de sinaturas. Necesítanse, como mínimo, 2500 para que sexa debatida no … Ler máis

Rexístrase no Parlamento a proposta de Iniciativa Lexislativa Popular “Polo dereito da Galiza a poder competir oficial e internacionalmente coas súas seleccións deportivas”

Hoxe, dentro da campaña que Vía Galega está promovendo por toda xeografía galega en prol das seleccións deportivas galegas, baixo o lema “Galiza: un Pobo, unha selección”, unha comisión conformada por 34 persoas, moitas delas ligadas ao mundo do deporte (achégase relación) presentaron no Rexistro do Parlamento de Galiza, mediante o procedemento Iniciativa Lexislativa Popular … Ler máis

O Centro Cultural Carvalho Calero acolle a exposición sobre a historia do deporte “Galiza: un pobo, unha selección”

A mostra está promovida pola Plataforma Vía Galega, que integra máis de 60 colectivos sociais, culturais e deportivos Ferrol, 16 de marzo de 2022.- A Plataforma Vía Galega abre en Ferrol a exposición “Galiza: un pobo, unha selección” cun acto que se celebrará este xoves ás 19:00 horas no Centro Cultural Carvalho Calero. Na inauguración … Ler máis