Dentro da campaña «Non Emigramos. Expúlsannos», Vía Galega convoca 46 concentracións simultáneas diante das casas dos concellos de diversos municipios galegos para denunciar a situación de emigración forzada á que se ven sometidas millares de persoas cada ano no noso país.
Desde Vía Galega, entendemos a emigración como o síntoma principal dunha economía subalterna, que non aproveita as verdadeiras potencialidades de Galiza, e que se limita, na práctica, a fornecer materias primas en lugar de terminar os ciclos produtivos no país. E somos conscientes de que esta orientación non é casual, senón produto da falta de soberanía política, da dependencia das relacións económicas a respecto de Madrid e da falta de interese dos diferentes gobernos autonómicos en promover unha economía autocentrada.
Fronte a isto e seguindo coa campaña «Non Emigramos. Expúlsannos», que nestes días está a tramitar mocións ao respecto na maioría de concellos galegos, estas concentracións son un chamado á acción dos poderes públicos para que recoñezan a emigración galega actual como unha emerxencia nacional e activen, dunha vez, os mecanismos para remediar esta lacra.
As concentracións celebraránse diante da casa do concello dos seguintes municipios, agás en Burela, Nigrán, Sada, Tui e Vigo, onde se indica o lugar escollido:
- A Coruña
- A Estrada
- A Guarda
- As Pontes
- Allariz
- Ames
- Arzúa
- Betanzos
- Burela (Pza. da Mariña)
- Cangas
- Carballo
- Cedeira
- Cee
- Celanova
- Compostela
- Fene
- Ferrol
- Lalín
- Lugo
- Malpica
- Marín
- Moaña
- Monforte
- Narón
- Nigrán (Cruce da Ramallosa)
- Noia
- O Barco
- O Porriño
- Ourense
- Padrón
- Pontedeume
- Ponteareas
- Pontevedra
- Redondela
- Rianxo
- Ribadeo
- Ribeira
- Sada (Praza de San Roque)
- San Sadurniño
- Sarria
- Viveiro
- Teo
- Tui (Praza da Inmaculada)
- Verín
- Vigo (Praza da Princesa)
- Vilagarcía de Arousa
Accede aquí ao mapa interactivo.