No día de onte, 3 de abril, apresentouse na cidade da Coruña Vía Galega. Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza.
Diante de numeroso público, deuse lectura ao manifesto promovido pola plataforma, animando ás e aos asistentes a que o asinaran e socializaran.
Participaron no acto diversas persoas, representativas de diversos sectores sociais (asociacionismo veciñal, mundo do traballo, ámbito cultural… ), afondando na importancia de visibilizar a existencia da nación galega, reclamando os dereitos que lle son propios segundo a lexislación internacional.