VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Search
Close this search box.

Vía Galega chama a participar na mobilización do 16M

VIA GALEGA. Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza, participará da mobilización do 16 de Marzo en Madrid, en favor da autodeterminación e diante do macroxuízo ao que están a ser sometidas e sometidos presos políticos independentistas cataláns.

Unha mobilización que partirá da Estación de Autobuses de Atocha, por volta das 18h, transcorrendo polo céntrico Paseo do Prado e rematando diante da Cibeles, baixo a lenda “A autodeterminación non é delito” . A manifestación fica convocada por diversas organizacións e conta co apoio de entidades soberanistas catalanas, vascas e galegas, destacando ANC e Òmnium.

Desde o noso país, a plataforma ‘Galiza con Catalunya’ pon ao dispor de quen quixer viaxar a Madrid un servizo de buses; sendo posíbel reservar praza na seguinte ligazón da entidade internacionalista ‘Mar de Lumes’ :

http://mardelumes.org/buses-a-madrid/ .